Ao Vivo en Lorient

Ao Vivo en Lorient

  • 流派:World Music 世界音乐
  • 语种:西班牙语
  • 发行时间:2014-04-26
  • 类型:录音室专辑
  • 歌曲
  • 歌手
  • 时长

简介

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. O que pretenden é ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes. Son un grupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego, xunto a músicos profesionáis de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca. Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festiváis de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz-Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines-Francia) o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, Lorient-Bretaña), e o Calan Mai, a festa da primavera celta (maio de 2014, Cardiff-Gales). Na primavera de 2014 edítase o primeiro disco do grupo “Ao vivo en Lorient”, que recolle 16 pezas gravadas nos concertos feitos en 2013 nese festival bretón. Actualmente, Os d’Abaixo preparan novo repertorio de cara ao 2015, ano no que agardan seguir levando a súa música por Galiza adiante e máis aló.

[更多]

此歌手的其他专辑